Nova do 8 de Maio de 2014
Para intentar conseguir que o que acontece en galego, sexa transmitido nos medios de comunicación de aquí tamén en galego, cómpre que o pida moita xente. E tamén todas as entidades que así o queren. Por iso, propomos a participación nesta campaña de todas aquelas entidades que queiran, apoiándoa e difundíndoa e visibilizándoa en actos públicos por todo o país.
Nova do 22 de Marzo de 2014
Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios.
O que se quere facer con esta campaña impulsada desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), é dicir que nos gustar...